E-Learning e LMS

e-learning.jpeg
Enter a caption

 

Entendemos E-Learning como un sistema cuxa característica principal é que se fai a través de Internet. Este termo non é en español pero colleu tanto auxe que se emprega máis ca a súa posible tradución: aprendizaxe virtual.

 

As súas principais características son:

1- Desaparecen as barreiras espazo-temporais: As persoas poden realizar un curso en calquera lugar (no traballo, na casa…)

2- Formación flexible: A diversidade de métodos e recursos empregados, fai máis sinxelo que nos poidamos adaptar as características do alumnado.

3- O alumno: É o centro entre ensinanza e aprendizaxe e é activo na decisión de escoller un curso do seu gusto

4- O profesor: Pasa de ser un transmisor de información a ser un titor que aconsella e axuda ao alumno.

5- Contidos actualizados: As novidades e os recursos en relación co tema de estudo transmítense de unha forma moi rápida, de forma que toda a información do tema está actualizado.

6- Comunicación constante: Existe entre os participantes grazas a variadas ferramentas (foros, chats…)

 

Entendemos LMS (Learning Management System) como un sistema de xestión de aprendizaxe e é un termo mundial para un sistema informático desenrolado especificamente para a xestión dos cursos on-line, a distribución dos materiais do curso e permite que os estudantes e os profesores colaboren. Un LMS permitirá xestionar os aspectos dun curso e tamén lle permite mirar asignacións dixitalmente e manter o contacto cos estudantes.

 

CURSO GRATUÍTO DE FOTOGRAFÍA DE 31 DÍAS: https://aprendergratis.es/cursos-online/curso-para-aprender-fotografia-en-un-mes/

WEBGRAFÍA:

https://www.avanzo.com/que-es-el-elearning/

http://www.cfp.us.es/e-learning-definicion-y-caracteristicas

https://eduarea.wordpress.com/2014/03/11/que-es-el-lms-learning-management-system/

Deixar un comentario